Xabier Lemos Godoy (Vigo, 1944) é un pintor de longa traxectoria e cun amplo abano pictórico, debido ó seu grande coñecemento de tódalas técnicas pictóricas. Destacan varias etapas na súa carreira, dende a liña realista-costumbrista ata a surrealista, pasando polo arte fantástico, ademáis da súa grande fama como retratista (o retrato realizado ó papa Juan Pablo II, ó rey Don. Juan Carlos, etc...).
De Lemos pódese dicir que vén ó mundo coa pintura debaixo do brazo, pois é fillo de finado e non suficientemente lembrado Ángel Lemos, emigrado a Arxentina,e moi coñecido nese pais. Estaba decidido a ser pintor como o seu pai, e, a través dunha pintora arxentina, ingresou na Escola de Belas Artes, onde coñeceu a grandes mestres coma Castagnino, Orozco ou o muralista Sequeiros, que deixaron grande pegada nel. Lemos saltou a fama a principios dos setenta cando se celebraba en Bouzas a World Fishing.
Antes de inaugurarse este evento internacional, o soñador vigués saltou a barreira de protección cos seus cadros e ocupou o primeiro stand sen autorización dos organizadores. Neste espacio colgou os seus traballos que mostraban a vida e costumes dos mariñeiros e as casas do Berbés. Foi o primeiro stand visitado polas autoridades, feito que orixinou comentarios de todolos medios: "Un polizón a bordo de la Feria Mundial de la Pesca", titulaba el Pueblo Gallego.
Na súa longa traxectoria, o artista realizou exposicions por Galicia, Illas Canarias, Baleares, e nos últimos anosen Portugal, onde goza de ampla popularidade, da man do seu marchante, o portugués Carlos Antonio Amador Soeiro.
Realista, cun toque romántico, e outras de realismo máxico, destaca como retratista e na súa faceta costumbrista, reflectindo a vida do mar, as costumes e tarefas da terra (neste momento anda a traballar na vendima), ou as festas populares, coma a da reconquista de Vigo, que podemos ver nesta exposición.
Levoulle máis dun ano a Xavier Lemos Godoy dar vida a unha vella idea: pinta-la ría de Vigo reflexando a actividade económica e cultural de toda a zona, dende a praia ós barcos veleiros. Aquela idea transformouse por fin nun monumental tríptico de 14m x 1,40m sobre a Batalla de Rande. Un dos principais valores do óleo e o seu indiscutible valor didáctico, xa que se divide en tres partes, que corresponden a cada etapa da batalla: a entrada das tropas francesas na bahía de Baiona, os desembarcos en cabo estai, a illa de toralla e a zona de alcabre e por fín a Batalla coas embarcacións ardendo e con persoas na explanada de San Simón.
Hoxe ten unha escola de pintura onde ensina os seus alumnos todo o que él aprendeu e as mellores técnicas.
No hay comentarios :
Publicar un comentario
Gracias por tu comentario